11 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Galipizza presenta esta semana unha nova pizza nos seus xoves de tapeo

06-03-18

Viveiro 6-3-18. Como xa ven sendo habitual nos últimos doce anos, Galipizza ofrece esta semana nos seus clásicos “Xoves de Tapeo” unha nova e inédita galipizza que non se atopa na carta habitual: esta vez será a Galipizza de longaínza, champiñóns e piquiños. Os clientes poderán calificar con nota esa pizza e, no caso de que recibira moi boas puntuacións, podería optar a entrar na carta definitiva, como xa ocurrira antes con outras pizzas do tapeo, como por exemplo a galipizza de churrasco e criollo.
Ademáis, os clientes que participan nesta votación entran no sorteo mensual de 100 euros en metálico en cada un dos seus locais, ubicados en Viveiro, Ribadeo, Culleredo, Santiago e Vigo; onde esta semana, ademáis desa nova galipizza, tamén se poderá degustar unha tapa de “Quesadilla de raxo, beicon e queixo” tamén por só 2 euros.
O Grupo Galipizza ten en Covas-Viveiro outros dous locais nos que tamén se celebran os Xoves de Tapeo. Esta semana en As Tixolas pódese probar por 2 euros un bocadillo de “Pan de cristal con lacón asado, panaderas e pementos” ou unha tapa de “Cordon Blue de tenreira con salsa de queixo galego picante”. Pola súa parte, na Dékada ofrécese unha “Tetiña de hamburguesa de zorza con tortilla de pataca e Arzúa” e tapa de “Arroz con polo e frijoles”. Os tres locais de Covas inclúense ó mesmo tempo nas xornadas do MercoTapeo que promove a Asociación Beiras de Viveiro.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive