21 de Xuño de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Mario García e José Ramón Cela son os gañadores do segundo sorteo da ruta de viños, que se celebra en Foz ata o 24 de marzo e na que participan 8 locais hostaleiros das rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña

05-03-18

050318 Foto entrega premio FozFoz, 5 de marzo de 2018. Este luns, tivo lugar o segundo sorteo de agasallos da Ruta de Viños que se desenvolve ata o 24 de marzo en 8 locais hostaleiros das rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña.
Os afortunados esta xornada foron Mario García, que gozará dunha cea para 5 persoas no restaurante Dandy; e José Ramón Cela, que obtivo 3 vales de 20 euros cada un para consumir en Express, Anduriña e Mayros.
Tamén hoxe tivo lugar a entrega do premio a Pablo Pallares, que no sorteo da semana pasada gañou unha cea para cinco persoas en Xoyma valorada en 100 euros. Os encargados de entregarlle o agasallo foron Ramón Castro e María Chao.
Na Ruta dos Viños participan: Leyton, Mayros, Xoyma, Dandy, Happy, Express, Anduriña e Xoiña. Para incentivar que a xente acuda a esta cita os hostaleiros fan cinco sorteos en Radio Foz, empregando o sistema de extracción de cartulinas. Cada semana hai dous premios: 1 vale para cear 5 persoas por valor de 100 euros nun dos restaurantes que participan nesta iniciativa e 3 vales por valor de 20 euros cada un para consumir nas cafeterías Mayros, Express e Anduriña.
O seguinte sorteo da Ruta de Viños serán o 12 de marzo. A Ruta de Viños inclúe a elaboración dunha tapa especial por parte dos locais participantes os xoves.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive