26 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

NNXX de Viveiro denuncia a falta de aparcamento na vila

12-03-18

Viveiro 12-3-18. Debido á escoita de veciños sobre a problemática de non ter aparcamento facemos saber a necesidade do mesmo en distintas áreas do Concello.
Un servicio urxente, está medrando a dificultade de atopar un sitio donde estacionar tanto a residentes como a usuarios do comercio.
Xa era coñecido, e sen solución durante estos derradeiros anos no centro de Viveiro, pero agora estase estendendo a áreas como A Misericordia, Cantarrana, Celeiro, Lodeiro, Xunqueira…
En sí, acarrea non ter certas comodidades para a vida diaria e a calidade da mesma, algo irrisorio dado que non somos ningunha urbe xigante, é unha realidade a falta destos espazos útiles. O maior punto a destacar é que estase a converter en algo con agravantes negativos para a economía, xa que ó non atopar onde estacionar moitos veciños de outras vilas cercanas descartan a Viveiro como lugar a onde ir a comprar, tamén os afincados. Algúns vense ata desbordados polas sancións, xa que teñen que buscar lugar en prazas ilegais, como beirarrúas, entradas de garaxes, xardíns… moitas veces non teñen nin onde deixar o vehículo e optan por infrinxir normas, algo a desgusto.

Supón un atrasado e falta de visión,non dar solvencia a este problema cidadán.
Esto ocorre en épocas de inverno ou outono, pero como é lóxico e debido á ligazón como pobo estival e turístico, vemos que a cousa nestas datas vaise a desmán, sen buscar por parte do goberno municipal unha vía resolutiva, como sí existe noutros Concellos similares que atopan alternativas eventuais, ou campos arrendados/cedidos.
Demandamos se inicien os trámites para un estudio do parking móbil e buscar como arranxar esta situación, sabemos que hay lugares que coas debidas xestións poderían aliviar ou encauzar un problema crecente e sen folla de ruta sobre a mesa.
Dende o noso grupo en conxunto seguiremos loitanto por un Viveiro mellor,organizado , e aberto ó futuro que atenda ós servicios públicos, faremos as propostas por tódalas vías posibles.

A.Lage-Seara
Presidente NNXX de Viveiro

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive