23 de Xuño de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Novo prazo de 20 días para a presentación de solicitudes de subvención para a rexeneración e renovación urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro

05-03-18

No BOP do día 2 de marzo publicouse o anuncio polo que se establece un novo prazo de 20 días para a presentación de solicitudes de subvención para a rexeneración e renovación urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro (Fase XVI). Este prazo comezará a contar dende a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. A presentación de solicitudes realizarase con arranxo á convocatoria publicada no BOP Nº 275 de 30 de novembro de 2017 e ás bases da subvención publicadas no BOP Nº 295 de data 24 de decembro de 2015, e a corrección de erros publicada no BOP Nº 006 de data 09 de xaneiro de 2016. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 3 de abril de 2018. Para máis información poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro (Praza Maior, s/n) ou chamar ó telefono 982562968.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive