11 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Centro Comercial aberto de Foz sorteará 400 euros en premios na súa campaña do día do pai, que se desenvolverá do 9 ao 19 de marzo

08-03-18

As persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados ao CCA/ACIA de Foz do 9 ao 19 deste mes de marzo participarán no sorteo de catro vales de compra por valor de 100 euros cada un deles.
O sorteo realizarase a través de Radio Foz o día 22 de marzo. O Centro Comercial Aberto de Foz continúa deste xeito coas súas campañas de promoción do comercio local, potenciando as compras nos establecementos da vila para unha data tan sinalada como é o Día do Pai, o 19 de marzo. Ademais incentiva o uso da tarxeta do comercio de Foz para aproveitar as vantaxes que ofrece. A campaña do pai do CCA/ACIA de Foz estará presente nos locais comerciais con cartelería e con globos conmemorativos desa data.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive