23 de Xuño de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo inviste algo máis de 30.000 euros na mellora do parque infantil de San cibrao

04-03-18

020318 Renovación parque infantilCervo, 4 de marzo de 2018.- O Concello de Cervo vai acometer unha actuación de mellora integral do parque infantil que está ubicado na Praza dos Campos, en San Cibrao.
Tal e como anunciou o alcalde, Alfonso Villares, a obra contará cun orzamento de 31.794,32 euros, todos eles procedentes de fondos municipais; e os traballos, que se axilizarán o máximo posible, comezarán mañá luns; “polo que as instalacións non poderán ser utilizadas polos pequenos durante un par de semanas, segundo estimamos”.
En concreto a actuación consistirá na retirada do vello pavimento do parque que se foi degradando debido á gran afluencia de pequenos, que será substituído por un novo piso sintético continuo de acordo coa normativa de seguridade e que garante a protección dos nenos ante posibles caídas.
Ademais, tamén se procederá á limpeza e ao pintado integral de todo o recinto, e repoñeranse diferentes pezas da zona de xogos; polo que, ao remate da obra, “os usuarios poderán desfrutar dunha instalación completamente mellorada e renovada, e moito máis funcional”.
Villares apuntou que “o noso obxectivo é traballar por manter na mellor das condicións as instalacións municipais, priorizando aquelas aos que os nosos veciños lles dan tanto uso, como neste caso os máis pequenos da casa que se reúnen día tras día neste parque ubicado no centro neurálxico de San Cibrao, no que desfrutan do seu tempo de ocio e socializan con outros nenos”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive