21 de Xuño de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo programa un bautismo de mergullo na piscina municipal para o sábado, 17 de marzo

12-03-18

O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes e en colaboración coa Escola de Mergullo Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, organiza unha nova xornada de bautismo de mergullo na Piscina Olímpica de Lieiro. A actividade, presentada polo edil delegado de Deportes, José Ramón Soto e pola membro e monitora do club Ana Ferreiro, será o vindeiro 17 de marzo entre as 10:30 e as 13:30 horas.
A idade mínima para participar está fixada nos 16 anos. Soto recordou “que a piscina municipal é única na provincia de Lugo polas súas características e ofrece tódalas prestacións para levar a cabo unha actividade deste tipo que permitirá aos participantes realizar unha primeira toma de contacto con este deporte acuático” Os interesados poden anotarse na propia piscina de San Cibrao ou chamando ao teléfono 609.42.32.10.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive