11 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Foz cambiará a iluminación do campo de fútbol de Malates cun investimento de 73.000 euros

13-03-18

Foz, 13 de marzo de 2018. O Concello de Foz cambiará a iluminación no campo de fútbol de Malates cun investimento de 73.000 euros. Con esta obra instalaranse 24 proxectores novos.
O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, explicou hoxe: “desde o equipo de goberno anunciamos a todos os focenses o que xa dixemos o pasado sábado na cea do Club Deportivo Foz a todos os xogadores e directiva deste club: en aras do bo rendemento e da grandísima tempada que está facendo o Club Deportivo Foz decidimos meter dentro dos proxectos que o Concello pode incluír no Plan Único da Deputación o tan demandado cambio dos focos e dos proxectores do campo de fútbol de Malates”.
Javier Castiñeira salienta que “é moi necesario porque os equipos están adestrando con moi pouca intensidade de luz, non só os equipos do Club Deportivo Foz senón tamén os veteranos tanto do Foz como do Cangas e outros usuarios que necesitan moita máis luz”.
O alcalde subliña que “é un proxecto importante. Son 73.000 euros, poñeranse 24 proxectores, seis en cada torreta, e trataremos de ter un alumeado idóneo para os deportes que alí se están practicando”.
Castiñeira di que “este é o compromiso do equipo de goberno co deporte, que xa empezou no seu día neste mesmo campo cando se cambiaron as torretas de sitio, aínda que se mantiveron os mesmos focos, e fíxose a beirarrúa perimetral, que era tamén algo demandado por parte do club”.
O rexedor engade que “co Club Baloncesto Celtas a reforma do pavillón tamén afondou en que estean facendo boa tempada. Está claro que a aposta polas infraestruturas no deporte é directa por mellorar as condicións dos nosos deportistas, que ao final acaban mellorando tamén os resultados”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive