25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Mondoñedo inicia o proceso de certificación para que A Cova do Rei Cintolo se converta nun Destino de Turismo Científico Observer

05-03-18

covareicintoloMondoñedo, 5 de marzo de 2018.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de iniciar o proceso de certificación para que a Cova do Rei Cintolo sexa acreditada como un Destino de Turismo Científico Observer®.
O proceso de certificación Observer® durará catro meses e implicará a posta en valor do recurso, implicando unha optimización da xestión, impacto e conservación da caverna, así como a mellora e difusión de todos os seus valores científicos relacionados coa xeoloxía, arqueoloxía ou etnografía.
A Cova do Rei Cintolo é a caverna calcaria máis grande de Galicia, cun desenvolvemento de 6.500 metros de lonxitude, dos cales máis da metade topografiados, e conta cun desnivel de 75 metros. As visitas á cavidade, que se iniciaron a pasada fin de semana, pódense concertar na Oficina Municipal de Turismo (Teléfono: 982.50.71.77).

Estrutúrase en catro sectores: Sector Central, Zona Nova, Vía dos Apóstolos e Dédalo Sur. Pola súa cota máis baixa discorre o Río Celtas. Foi catalogada pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia como depósito de tipo Paleolítico.
Un paso máis na súa posta en valor
O Concello de Mondoñedo iniciou no 2011 a súa posta en valor de xeito divulgativo regulando a posibilidade de visitas guiadas á Cova. Sendo así, a primeira e única Cova galega, habilitada para visitas. Agora o Concello dá un paso máis na posta en valor deste patrimonio natural, e a través do selo Observer® de Turismo Científico, opta por desenvolver este modelo turístico conservador e achegado á ciencia, co que pretende divulgar de xeito científico os valores naturais da Cova ao tempo que sensibiliza no relativo á súa conservación.
As experiencias desenvolvidas ao abeiro do Turismo Científico permiten ao visitante achegarse ao territorio dende a perspectiva dun observador científico. O visitante entende que co turismo científico, ademais de visitar paraxes de gran beleza, vai a aprender e entender, de maneira sinxela e sen esforzo, moito máis sobre o funcionamento da la natureza.
Mediante a creación deste tipo de iniciativas didácticas e lúdicas ligadas ao coñecemento do territorio, ponse en valor o patrimonio científico, natural e cultural, desde un punto de vista sustentable e rigoroso.
Daquela, o coñecemento e a difusión do mesmo son a base da conservación, sendo esta a lóxica coa que traballa o selo Observer.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive