11 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Mondoñedo reduce á metade a débeda por préstamos en tan só dous anos e medio

12-03-18

Mondoñedo, 12 de marzo de 2018.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo, que dirixe a popular Elena Candia, reduce á metade a débeda por préstamos bancarios e con institucións en tan só dous anos e medio. O equipo de Goberno destaca, desde o departamento de Economía que dirixe Ángeles Rodríguez, o labor que se está a levar a cabo para minguar o endebedamento nas contas municipais.
Desde o Goberno local precisan que a liquidación presentada a 28 de febreiro reflectía unha porcentaxe de débeda viva dun 29 por cen. Así, as obrigas por préstamos reducíronse nun 55,25%, de maneira que agora a débeda se sitúa no 44,74% da que había antes. “Isto faise mentres o Goberno local amplía servizos e intenta atender as demandas das asociacións e principais eventos que se desenvolven no Concello”, destaca a rexedora.
As cifras
Á marxe das facturas ás que fai fronte o Goberno local, á devolución de subvencións e execución de sentencias que estaban pendentes; o Goberno local tiña obrigas por préstamos por valor de 1.354.950,81 euros, máis 33.000 euros que adebedaba á Deputación, e 12.815,5 euros doutro préstamo cunha entidade bancaria; o que suma un total de 1.400.765,5 euros. Tras pagar parte desa débeda, o Concello de Mondoñedo ten pendente 774.000 euros, a metade do que debía hai dous anos e medio.
O préstamo de 33.000 euros coa Deputación foi aboado en tres cotas de 11.000 euros e o de 12.815,5 en dúas cotas, de 6.453,88 e 6.361,62 euros.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive