25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Goberno da Deputación dá unha nova axuda ao sector da automoción, que emprega a 2.000 familias na provincia

05-03-18

DSC_0138Lugo, 5 de marzo de 2018. O Presidenta da Deputación, Darío Campos Conde, mantivo este luns un encontro con membros da Asociación Provincial de Reparación e Venta de Automóbiles e Recambios de Lugo, así como co seu Presidente, Luís Abelleira Mayor, para informar sobre unha nova colaboración do Goberno Provincial de 40.000 euros.

Estes fondos súmanse ás axudas por valor de 125.000 euros que xa lle concedera a Deputación a dito colectivo, para a compra das súas instalacións, de máis de 2.500 m2. Trátase do colectivo que conta con máis de 530 empresas asociados, representando, polo tanto, a máis do 80% do sector da automoción da provincia de Lugo.

Con este fondos que achega o Executivo da Deputación a dita asociación permitirá dotar de novo equipamento e maquinaria aos cursos de formación sobre nova tecnoloxía que ofrecen durante todo o ano aos máis de 130 alumnos cos que contan, así como asumir os gastos de funcionamento das amplas instalacións que posúe o colectivo no Polígono Industrial da Campiña, en Lugo.

Campos Conde destacou que “con este novo acordo, impulsamos a actividade que leva realizado dende máis de 40 anos APREVAR, xa consolidada como unha gran organización empresarial na provincia, e ao mesmo tempo apoiamos un sector fundamental, como é o automobilístico, que dá traballo a 2.000 familias lucenses. Sen dúbida, dende o Goberno da Deputación, continuaremos a traballar co tecido asociativo automobilístico da provincia, co obxectivo de acadar profesionais cun amplo coñecemento sobre o comercio multisectorial, é dicir, tanto automobilístico como de maquinaria agrícola, nun sector en continuo crecemento, pois no último ano, aumentaron as ventas deste tipo de vehículos nun 5%, con respecto ao 2016”.

Pola súa parte, Abelleira Mayor agradeceu a colaboración e o apoio da Deputación e subliñou que “a asociación ten como obxectivo prioritario seguir defendendo os intereses e dereitos de todos os axentes implicados no sector da automoción lucense, ao tempo que formamos e profesionalizamos a máis persoas, co fin de cubrir as necesidades de persoal cualificado que solicita na actualidade o mercado”.

APREVAR
A Asociación provincial de Reparación e Venta de Automóbiles e Recambios de Lugo, fundada no ano 1997, conta cun total de 530 empresas asociados. O fin último deste colectivo é o de representar, xestionar e defender ao sector da automoción da provincia de Lugo. Dispoñen dunhas instalacións de máis de 2.500 m2, que conta con aulas, talleres de formación, salón de actos ou bibliotecas. Ofrece aos seus membros servizos técnicos: ITV, Certificacións de talleres, información técnica, préstamo de maquinaria…; sobre industria: información e asesoramento, altas e baixas no rexistro industrial, cambios de titularidade, traslados, modelos de factura e presuposto…; sobre formación: cursos e talleres previstos coas últimas tecnoloxías en maquinaria e ferramentas, dirixidos a persoas desempregadas e traballadores, certificados de profesionalidade, xornadas…; asesoría xurídica, laboral, fiscal ou medioambiental, etc.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive