23 de Xuño de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP de Alfoz, en resposta á demanda dos veciños, pide ao Concello que emprenda as xestións oportunas para que a Deputación acometa a mellora integral da estrada que vai de Carrocide a Arnela

13-03-18

Alfoz,13 de marzo de 2018.- O PP de Alfoz vén de solicitar un pleno extraordinario para que se inclúa na Orde do Día a mellora integral da estrada provincial 0204, que vai dende o lugar de Carrocide (parroquia de Lagoa) ata o de Arnela (parroquia de Pereiro), co fin de que a entidade local emprenda as xestións oportunas para que a Deputación, titular da vía, acometa a reparación integral da mesma.

Os populares recollen así a demanda dos veciños, pois é o principal acceso á ultima parroquia citada e presenta notables deficiencias, así como un estado de abandono que dificulta o tránsito de usuarios e dos vehículos pesados, principalmente de camións de mandeira, que a diario circulan por esta arteria de comunicación.

“Cabreo” da veciñanza pola decisión do alcalde
E é que, segundo apunta o voceiro do PP neste municipio, Juan José Fraga, “o cabreo” da veciñanza incrementouse nas últimas semanas ao constatar que, na partida aprobada recentemente por parte da Deputación de 15 millóns de euros para a mellora de vías da súa titularidade na provincia, o alcalde, no importe que percibirá a entidade local ao abeiro desta iniciativa, tan só solicitou unha capa de rodadura, reservando o resto do orzamento para outra estrada.

Por todo elo, Juan José Fraga agarda que o Concello “non lle dea as costas” á petición do seu Grupo, xa que, ademais, vai acompañada dunhas 150 sinaturas, que corresponden a todos os residentes nas casas situadas nos núcleos de Pereiro, que é a parroquia máis afectada.

Os populares consideran necesario “que se lle dea un trato xusto aos afectados”, e iso pasa, indican, pola ampliación da plataforma nun mínimo de 2,7 metros por carril, así como pola mellora do trazado onde sexa necesario, pois o estado de deterioro é tal que, debido á sinuosidade do traxecto, nin tan sequera poden pasar dous vehículos simultaneamente.

Demanda do PP dende hai 10 anos
Dende o Partido Popular lembran, asemade, que esta é unha demanda reiterada deste Grupo nos últimos dez anos. E é que, dende 2007, tan só se procedeu á limpeza de cunetas e a un bacheo superficial; e todo iso, precisan, “a pesares de que, no ano 2007, o anterior goberno do PP da Deputación deixara encamiñado un proxecto máis completo”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive