11 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP de Burela asegura que segue habendo deficiencias no servizos de recollida de lixo e limpeza viaria”

06-03-18

Burela, 6 de marzo de 2018.- O Grupo Municipal Popular de Burela vese na obriga de denunciar, unha vez máis, as deficiencias nos servizos de recollida de lixo e limpeza viaria que se veñen producindo dende que a entidade local cambiou de empresa concesionaria. Así, durante os últimos días aseguran que se puideron comprobar como en varias zonas, como por exemplo a Vila do Medio, a recolección selectiva se deixou de facer durante máis dunha semana.

Por tanto, para os populares o anuncio feito polo alcalde e polo tenente de alcalde no seu día de que esta prestación melloraría considerablemente “foi unha tomadura de pelo, porque non só melloru, senón que empeorou”. Así, afirman, “e contra toda lóxica”, as rúas do centro de Burela seguen barréndose pola tarde, co que os cidadáns atópanas sucias polas mañás.

Os edís do PP lembran, a este respecto, que o plantel de traballadores, “en contra do dito polo alcalde e polo tenente de alcalde”, non aumentou. Tal é así que seguen dándose casos de baixas que non se cubren.

“Isto quere dicir, engaden, que o socialistas non se preocupan polo servizo, e que os informes que se deben emitir para aprobar e abonar as facturas son sesgados e non se axustan á realidade”.

Prórroga de contrato
Desde este Grupo indican, tamén, que o alcalde vai prorrogar o contrato coa empresa actual un ano máis, e que remataba a finais do presente mes de marzo, “polo que todo apunta, indican, a que non cumprirá a promesa electoral de municipalizar os servizos de subministro de auga e recollida de lixo e limpeza viaria; outro exemplo de que Llano e o seu equipo fan política a base mentiras e enganos á xente, e globos sonda que despois quedan en nada”, conclúen.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive