13 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP de Burela dille a Patricia Otero que “non se escude nas xustas demandas das mulleres para tapar a súa falla de traballo”

12-03-18

Burela, 12 de marzo de 2018.- O Grupo Municipal Popular de Burela reitera que “o que ten que facer a concelleira de Igualdade, Patricia Otero, tal e como ela mesma dí, é poñerse a traballar dunha vez por todas no que queda de mandato municipal, porque o que pode presentar ata o momento é seguir co que se viña facendo, e isto é porque se facía ben e daba resultados, pero nada máis”. Por tanto, consideran que “escudarse como fai nas xustas e lexítimas demandas das mulleres ou inculpar a colectivos para tapar a súa absoluta falla de traballo é exemplo de cinismo e intolerancia, pero tamén de impotencia”.

Os poulares fan esta valoración unha vez constada a resposta ás súas demandas sobre o grado de cumplimento do IV Plano de Igualdade. “Iso é o que se deduce”, afirman.

Os populares lembran que, o pasado luns, hai unha semana, pediron por escrito copia da memoria de avaliación e grao de cumplimento de dito Plan e, de momento, non teñen resposta; o que os leva á convicción de que “moi pouco ou nada hai feito, e isto é competencia da Sra. Otero, non das asociacións. O que se fai, faise por iniciativa do persoal do CIM, non pola iniciativa da edil”, remarcan.

Neste senso, entenden dende o Grupo Municipal que “a falta de traballo desta señora” e o incumprimento de boa parte das accións que se incluían no IV Plano de Igualdade é tal que nada se sabe de dous puntos fundamentais do mesmo: a posta en marcha da vivenda de acollida, ou a creación do Punto de Encontro.

Sobre a vivenda de acollida, o goberno do PP arranxar unha das casas dos mestres do CEIP ‘Virxe do Carme’ a tal efecto (a falta de amoblala), e mesmo iniciara os trámites para asinar un convenio coa Xunta de Galicia. Coa chegada do PSOE ao Goberno, indican, “todo quedou parado, e agora se se quere poñer a andar a vivenda seguro que haberá que volver a gastar cartos arranxando a vivenda, porque leva tres anos parada”.

Sobre o punto de encontro, din os populares, “non se sabe nin pouco nin moito, non se sabe nada”. Como tampouco transcendeu nada de actuacións tendentes á conciliación familiar responsable, por exemplo, obradoiros de ‘supervivencia’ doméstica para homes e mulleres (cociña, economía familiar…), ou da potenciación da figura paterna e da participación destes no programa Educando en Familia, ou mesmo campañas de fomento da corresponsabilidade (mesas redondas, charlas, publicación de materiais…)”.

Por todo elo, dende o PP consideran “de mal gusto e de moi pouca elegancia política referirse a asociacións que, dentro das súas posibilidades, traballan pola igualdade da muller”; de aí que defendan que “a Sra. Otero debería colaborar máis coas asociacións en vez de criticalas, porque como ela mesma di: “[…] en un tema tan delicado como este tod@s deberíamos remar en el mismo sentido’. Non sería que lle dixeron que antes de facer un novo plan de igualdade cumplise o que estaba sen facer? O que pasa é que a Sra. Otero quere que todo o mundo reme no sentido que ela marca, e a xente xa non está polo pensamento único nin polas imposicións […]”.

Para rematar, os populares pídenlle á referida concelleira que “non se xustifique co da folga. Cada quen do PP puido ir ao paro, á folga ou traballar libremente e, defendemos, alomenos coma ela, ás mulleres, as súas demandas e o remate das brechas sociáis e salariais”. “Ela foi moi libre de ir, pero se se vai á folga vaise con todas as consecuencias, se non se traballa, non se cobra”, apuntan.

Por este motivo, o Grupo do PP velará porque “esta señora non cobre a parte do seu soldo correspondente ao día 8”, ao tempo que lle recomendan “algo de máis coherencia, pois se non fixo nada en materia de igualdade nestes tres anos, xa non é que debería irse, é que alomenos debería deixar de cobrar”, conclúen.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive