23 de Xuño de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP de Ribadeo aclara que o investimento dun millón de euros da Xunta para a estrada Reme-Vilamar foi grazas ao traballo do seu partido

08-03-18

Ribadeo, 8 de marzo de 2018. O portavoz do Partido Popular no Concello de Ribadeo, Jesús López Penabad, aclara que o investimento da Xunta de Galicia de case un millón de euros para arranxar a estrada Reme-Vilamar, logrouse grazas ao traballo dos representantes do Partido Popular.
López Penabad manifesta que “as infraestruturas en Ribadeo estes días son noticia e a verdade é que nos alegramos moito. A Xunta de Galicia está outra vez investindo en Ribadeo, aínda que o equipo de goberno non queira recoñecelo. É curioso, o señor alcalde saía dicindo que non sabía o que pasaba, falaba dunha alineación de planetas”.
O voceiro popular diríxese ao alcalde de Ribadeo dicindo: “voullo explicar. Vostede leva gobernando case quince anos, catro en bipartito e o resto só BNG de Ribadeo, e eu creo que non fan os deberes. Esta estrada é a única en todo o municipio de Ribadeo que ten a Xunta de Galicia, en Ribadeo creo que temos a sorte de ter un deputado da Mariña, de Ribadeo e en concreto de Arante, Daniel Vega. É coñecedor, como eu e o PP, de como están as estradas en xeral en Ribadeo e esta atópase nun estado bastante lamentable. Houbo actuacións na zona de Barreiros e na zona de San Vicente-Cubelas, pero quedaba cara a Reme e despois de San Vicente-Cubelas ata o alto das Barreiras, xa en Barreiros. Pois Daniel Vega en Santiago, falando coa conselleira, insistindo, logrou que se fixara nesta estrada e dando un simple paseo por ela vese que necesitaba un arranxo de fondo. Ese arranxo tradúcese en case un millón de euros para deixala nunhas condicións dignas de seguridade”.
Jesús López Penabad salienta que “é unha estrada que creo que fai unha labor moi importante. Alí está o CAVI de Os Irmandiños, hai ganderías, pasan os camións do leite e outro tipo de vehículos, e os propios veciños que transitan por alí. Permítelles ter unhas vías dignas do século XXI e concretamente do ano 2018, que é no que vivimos. Iso é traballo e iso é o que non fan vostedes, que só se dedican a queixarse”, en referencia ao goberno municipal do BNG.
O portavoz do PP no Concello de Ribadeo engade que “o alcalde dicía tamén que houbera reivindicacións. Eu digo máis, houbo manifestacións nesa estrada xa fai uns cantos anos. O BNG de Ribadeo e algún representante do BNG da Mariña, como Antonio Veiga, protestaban pola situación na que se atopaba esa estrada. Pero curiosamente despois gobernaron na Xunta de Galicia, en bipartito co Partido Socialista, catro anos e non investiron nin un só euro nesa estrada. Polo tanto todas as obras de mellora que se fixeron e que se van facer foron feitas en época na que goberna a Xunta de Galicia o Partido Popular, de Alberto Núñez Feijoo, curiosamente. Aí hai outro exemplo máis do que inviste a Xunta de Galicia en Ribadeo, pese a quen lle pese; pero é así, agora un millón de euros máis”.
López Penadab declara tamén que “Fernando Suárez tamén falaba, do cal nos alegramos moito, da estrada da Deputación que pasa por Arante e sae a Santalla e a Couxela. Dicía que fora unha petición do Concello, do equipo de goberno, pero tamén foi do PP, porque previamente á súa petición fixemos dúas mocións para pedir o arranxo. Dá igual quen a pida pero hai que dicir que foi un acordo na Deputación para repartir entre toda a provincia e arranxar estradas, 500.000 euros que benvidos sexan”.
O voceiro do PP lembra ademais que “nosoutros pedíamos na moción tamén o arranxo da ponte da vía do tren. Creo que é moi necesario porque é perigoso, alí os nenos están pasando todos os días para adestrar, é unha ponte moi estreita e necesita dese arranxo. Non sei se irá desta vez porque 500.000 euros para todos os quilómetros que hai vanlle facer moita falta. Pero alegrámonos moito de que a Deputación por fin nos oíra a todos e de que se vaia arranxar tamén esa estrada”.
Para Jesús López Penabad “estes días creo que estamos de noraboa, porque se van facer estas cousas que realmente son necesarias para os veciños. Pero é polo traballo que facemos algúns, porque vemos as necesidades, mentres que outros quéixanse e miran para outro lado”.
O portavoz popular engade: “falan tamén da N-642 e da N-640, que van de Porto a Ribadeo. Ninguén dubida que esas dúas estradas están nunha situación pésima. Hai a promesa, e eu espero que sexa verdade, de que cara a maio ou xuño se van arranxar, o cal desexamos todos porque é moi necesario”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive