25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP de Trabada esíxelle á alcaldesa que dea explicacións sobre como queda o proceso para a apertura da residencia

10-03-18

Lugo, 10 de marzo de 2018.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Trabada esíxelle á alcaldesa que dea explicacións sobre como queda o proceso de apertura da residencia despois de que na Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deste pasado venres adoptarase a decisión de quitarlle a Suplusa as competencias sobre as residencias, contando esta decisión co voto favorable da propia Mayra García. Decisión que podería supor novos retrasos na apertura das residencias, entre elas a de Trabada.

Os populares piden que García asuma a súa responsabilidade, como alcaldesa e como membro do Goberno Provincial, e explique se despois da decisións de quitarlle a Suplusa as competencias sobre residencias segue a ter ou non validez o convenio asinado, en xaneiro de 2011, entre o Concello de Trabada e Suplusa para a construción e xestión da residencia e centro de día, que alternativas propón e como vai a ser o modelo de xestión da residencia, e lle dea explicacións, tamén, aos veciños e veciñas, incluídas as persoas que pasaron as probas de selección co obxectivo de traballar nesta residencia.

Suplusa ten desde o ano 2010 a encomenda de xestión para a construción e xestión dos centros de atención á terceira idade na provincia de Lugo polo que a decisión tomada pola Goberno socialista pode provocar unha vez máis, un novo retraso na apertura das residencias da Deputación, entre as que se atopa a de Trabada.

Desde o PP lamentan que a falta de entendemento dentro do Grupo Provincial Socialista, do que forma parte a alcaldesa de Trabada, vaia manter paralizado o uso dunhas instalacións que custaron preto de 1,5 millóns de euros. Polo tanto, todo isto tradúcese en que o futuro da residencia queda no aire sen coñecer cal será o seu modelo de xestión.

Herdeira do traballo do PP
Os populares salientan que cando a alcaldesa de Trabada tomou posesión, hai preto de tres anos, herdou unha infraestrutura moi importante para o concello que xa estaba rematada cun investimento liderado por un Goberno Municipal gobernado polo PP. O Goberno local do PP investiu 283.900 euros na residencia e centro de día: 200.000 euros de achega á Deputación Provincial de Lugo por parte do Concello de Trabada, aboándose de forma rigorosa cada anualidade; 83.900 euros destinados á adquisición do solar. Resulta inexplicable que a día de hoxe aínda non estea en servizo o que é unha burla e unha desconsideración aos veciños, aos potenciais usuarios e ao persoal que pasou as probas de selección.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive