11 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP ve “inadmisible” que Campos critique á Xunta cando o seu Goberno leva dous meses de retraso para abrir a residencia de Castroverde

06-03-18

Lugo, 6 de marzo de 2018.- O Grupo Provincial do PP de Lugo ve “inadmisible” que Campos se atreva a criticar á Xunta en relación coa apertura das residencias dependentes da Deputación de Lugo cando leva dous meses de retraso para abrir a de Castroverde.

Así, desde o PP lembran que o Goberno provincial dispón desde o 8 de xaneiro de 2018 do Permiso de Inicio de Actividade (PIA) que concede a Xunta para a residencia de Castroverde, pero dous meses despois o centro segue pechado e sen data para a súa apertura.

“En lugar de perder o tempo botándolle a culpa á Xunta, explican os populares, o que debera facer o Goberno de Campos é poñerse a traballar porque, pese a existir un acordo plenario e un acordo do Consello de Administración de Suplusa, tampouco teñen fixado os prezos por praza, un paso indispensable para abrir os centros”.

Desde o PP lamentan que Darío Campos teña os deberes sen facer e, en lugar de resolvelo, se dedique a criticar á Xunta. A loita interna que manteñen os socialistas Campos e Martínez polo control de Suplusa lévaos a poñer en risco “unha vez máis” a entrada en funcionamento dos centros de maiores, ao tempo que ameazan as posibilidades laborais dos traballadores seleccionados e dos futuros usuarios dos centros.

“O único que saben os veciños e veciñas e que boa parte das instalacións están rematadas, pero non cal é o custo por praza nos centros de día nin nas residencias de maiores e moito menos canto pensan retrasar a súa apertura, posto que a de Castroverde podía estar funcionando desde hai dous meses”, conclúen.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive