25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O ROCHO DO CRONISTA: feitos, xentes, anécdotas… (IX) “FEMINISMO”

05-03-18

suso-fernadezO feminismo comprende o conxunto de teorías sociais, movementos políticos e filosofías morais concernentes ás experiencias das mulleres,especialmente referidas á súa situación social, política e económica. O feminismo principalmente está enfocado a erradicar a desigualdade de xénero e a promover os dereitos das mulleres, e os seus intereses na sociedade. Isto tamén concirne aos efectos que producen os roles de xénero nos homes e o estímulo distes para trocar os roles tradicionais nas mulleres.
O feminismo alterou principalmente as perspectivas predominantes en diversas áreas da sociedade occidental, desde a cultura ao dereito. As activistas femininas fixeron campañas… polos dereitos das mulleres (de contrato; de propiedade; de voto; pola súa autonomía e a integridade do seu corpo; pola protección contra a violencia de xénero e a sexual, e polo remate da discriminación no traballo, en tódalas súas formas…
Hai 8 anos (1910), por estas datas,o “Observatorio da Mariña pola Igualdade”, realizara en Foz unha moi ilustrativa exposición, baixo o título “Feminismo Galego: cambios sociais e dereitos das mulleres”. É sabido que a loita por ésta entre os xéneros, que a dignificación social, legal e moral das mulleres, constitue acaso a mais importante reivindicación universal dos dous últimos séculos, e Galicia non é unha excepción.
Os tráxicos sucesos de EE.UU. de 1908, ben coñecidos, deron pé a que a ONU declarase, os 8 de Marzo sucesivos, como “Día Internacional da Muller”; data a celebrar en todo o mundo, para permanente lembranza da fonda inxustiza que vive o colectivo das femias en relación ós seus conxéneres masculinos, e tamén de enérxica reclamación a prol da normalización de tan nefasta como inxusta situación.
Pero xa antes da mencionada data tíñanse alzado voces de mulleres progresistas da nosa terra, denunciando públicamente a situación da muller en xeral, e da galega en particular. Aínda que tan insignes donas coma Concepción Arenal (que para estudar na Universidade tivo que vestir de home), Emilia Pardo Bazán ou Rosalía de Castro, considéranse pioneiras reivindicando o acceso das mulleres á educación, hai unha referencia histórica que nos toca moi de preto: nos Xogos Frorais de Lugo, de 1900, intervira como mantedora (algo insólito naqueles tempos) unha poeta ourensá, membro da R.A.G., pródigamente premiada en distintos certames; voz sobranceira do feminismo católico galeguista; autora do celebrado poema “En defensa de las mujeres”. Tratábase da escritora Filomena Dato Muruais que, no discurso do certame lugués; entre outras cousas, dixo: “ El siglo que muere (XIX) abrió a la mujer las puertas del santuario de las ciencias. El nuevo siglo, cuya aurora se acerca, será testigo de la perfecta igualdad ante la ley, del hombre y la mujer. Yo espero que pronto tendrá esta personalidad en el código civil, como la tiene ya en el penal… Ilustrad a la mujer; dadla la libertad de aprender y haced el bien igualándola a vosotros, y habréis mejorado el mundo”. A loita segue…

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive