23 de Xuño de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O segundo showroom de vodas, bautizos e comuñóns do restaurante O Asador, de Barreiros, foi inaugurado este sábado e o día grande será o domingo

03-03-18

File written by Adobe Photoshop¨ 5.0Barreiros, 3 de marzo de 2018. O segundo showroom de vodas, bautizos e comuñóns do restaurante O Asador, de San Cosme de Barreiros, foi inaugurado hoxe, sábado, ás cinco da tarde polo alcalde, Alfonso Fuente Parga. Mañá, domingo, será o día grande deste evento no que colaboran, dando a coñecer os seus traballos, outras trece empresas: Decoraciones Pura, de Foz e Burela; Centro médico estético Coida de ti, de Barreiros; Floristería Sefa, de Mondoñedo; Celebra o teu día, de Burela; Peluquería Cid, de Barreiros; Boutique Catycris, de Xove; ElFarero Audiovisuales, de Ribadeo; Pastelería Cabaleiros, de Vilanova de Lourenzá; Discomóvil Eventec, de Mondoñedo; Viajes Rodríguez, de Foz; Oscar Rodríguez Joyeros, de Viveiro; Auto Forum, da Coruña; e Rec Audiovisual, de Barreiros.
Mañá, domingo, o showroom abrirá ás doce do mediodía e ás seis da tarde haberá un pase de modelos a cargo de Catycris, Peluquería Cid, Centro Estético Coida de Ti, Óscar Rodríguez Joyeros e Floristería Sefa. Será presentado pola actriz Estíbaliz Veiga. Ás 20:00 horas sortearanse 3 ceas para dúas persoas e a clausura será cun viño español.
A entrada é libre e gratuíta para todas as persoas que queiran asistir.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive