21 de Xuño de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“OURIZOS DE MAR”

12-03-18

Os ourizos de mar, equinodermos de exquisito sabor, presencia pouco atractiva e engorrosa manipulación; infravarolados por uns e moi apreciados por outros; considéranse dos alimentos mariños que mellor poden disfrutarse sen elaboración previa, que desvirtúe o seu gusto.
Viven en fondos de farallóns e aliméntanse de algas; daí que saiban tanto a mar. Julio Camba,no libro “La Casa de Lúculo, o el arte de comer”, dí que “o ourizo é un extracto de mar, un hálito de borrasca, unha esencia de tempestades”.
O que comemos neles son as glándulas xenitais, de color amarelo alaranxado; a preparación adoitaser, simplemente, cocido; pero ofrece outras posibilidades culinarias ás que cada día acceden mais persoas que senten curiosidade por unha cociña imaxinativa e que atopan neles novas e moi satisfactorias experiencias.
Ao permitir a conxelación, en calquera época poden facerse revoltos que, con gambas, ofrecen un singular sabor, servindo de base para salsas que, en casos, como acompañando o rape, forman un plato exquisito; un paté de ourizo traslada ó pan todo o sabor do mar…
No noso contorno o “oricio”, como eles chaman, ten especial aceptación entre os asturianos e acompañan moi ben ós “culines” de sidra; esa gran bebida natural, fresca, diurética; compañeira inseparable de ampla pitanza nas gozosas “espichas”.
No litoral focego, dende A Ronqueira aos castelos de San Pedro de Cangas, abundan os ourizos. Na zona atópase a pena Ouriceira, de nome alusivo a tal feito.
Según os biólogos, o ourizo é especie delicada. Cada exemplar tarda cinco anos en conseguir talla comercial; é decir, facerse adulto e desovar ó menos unha vez. Isto fai que , para a recuperación dun banco esquilmado, sexan necesarios ó menos dez anos, e para melloralo e amplialo, outros cinco.Esta evidencia esixe severas restrincións na captura, sen concesións á demagoxia de políticos irresponsables que; habelos, hainos…
O ourizo de mar, que agora mesmo está en sazón para o consumo, é un manxar singular, exquisito, de sabor non equiparable; merecente dos coidados e atencións para a súa pervivencia: é un luxo a conservar e disfrutar Bó proveito…

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive