Viveiro 5-3-18. O pasado venres, sábado e domingo, celebrouse na cidade de Salamanca, o Campeonato de España de Pista Cuberta de Veteráns, donde se batiu o record de participación. Os atletas do clube viveirense acadaron unha medalla de ouro e duas de prata.
A medalla de ouro acadouna a atleta Mari Luz San Martin, na proba de 400 metros, batindo ó mesmo tempo o record galego, logrando un tempo de 1:28:94, a mesma atleta na proba de 800 metros fíxose coa medalla de prata, o seu compañeiro de clube Domingo Álvarez, acadou a medalla de prata nun disputadísimo sprint na proba de 400 metros, logrando un tempo de 1:10:62, o mesmo atleta acadou a cuarta posición na proba dos 800 metros e sexto na proba dos 1500 metros.
A próxima competición na que participarán os atletas do clube Egovarros será o Campeonato de España de Cross a celebrar o próximo domingo día 11 na localidade de Candeleda ( Ávila ).