25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Remata a estadía en Ribadeo dos sete alumnos italianos que realizaron prácticas durante un mes noutras tantas empresas da localidade. Chegaron da man de Apaga

03-03-18

IMG-20180302-WA0024Ribadeo, 2 de febreiro de 2018. Rematan a súa estadía en Ribadeo os sete alumnos italianos que estiveron durante un mes a facer prácticas noutras tantas empresas da localidade. Aquí chegaron da man da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (Apaga), que preside Álvaro Doural.
Os rapaces definen a experiencia como moi positiva. Ademais das prácticas aproveitaron, xunto coa profesora que viaxou con eles desde Italia, para coñecer Ribadeo, Rinlo e As Catedrais. Dixeron: “nos gustó la experiencia. Es la primera vez que salimos a otro país y repetiríamos, aunque no durante todo un mes. Lo peor fue estar lejos de mi casa y de mi pueblo”.
Os alumnos italianos, con idades comprendidas entre os 16 e os 20 anos, comentaron que “Ribadeo es muy bello y recomendaríamos a nuestros amigos y a la familia que vinieran de turismo, pero mejor en verano, aquí hemos estado en una época de mucho frío y lluvia, aunque en Brescia hace más frío”. Durante o seu paso pola localidade aproveitaron para coñecer o porto de Ribadeo, o faro da Illa Pancha, Rinlo e a praia das Catedrais.
Sobre o seu paso polas sete empresas de Ribadeo nas que realizaron prácticas contaron que “en las empresas muy bien con los jefes, son gente muy amable y divertida también Aprendimos muchísimas cosas y mereció la pena venir”. Estes rapaces do CFP G. Zanardelli Ufficio, Progetti e Comunicazione, de Brescia, fixeron as súas prácticas en Talleres Cartoy, Talleres Gasalla, Teauto, Neumáticos Martín, Talleres Maseda, Talleres Barja e Loureiro Forestal.
Viaxaron acompañados por unha mestra e na súa estadía en Ribadeo estiveron arroupados por Álvaro Doural, o presidente de Apaga. O venres, foron recibidos polo alcalde, Fernando Suárez, no Concello.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive