25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Saiu a concurso a adxudicación do contrato de servizos para a execución e organización das colonias e campamentos de verán en Ribadeo

08-03-18

Ribadeo, 8 de marzo de 2018. O Concello de Ribadeo ven desenvolvendo nos últimos anos un servizo de actividades de carácter cultural, deportivo e de tempo libre que consiste en colonias e campamentos de verán, dirixidos a nenas e nenos de 3 a 16 anos.
A concelleira de Mocidade, Vanesa Yanes, explica que “por este motivo propoñemos alternativas lúdicas e formativas durante o período vacacional para os rapaces e rapazas de Ribadeo con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos”. E engade que “un dos obxectivos desta programación pasa por axudar a facilitar a conciliación ás familias durante o verán”.
Dende o 5 de marzo, tal e como se publicou no Boletín Oficial da Provincia, está aberto o prazo para presentar propostas para a adxudicación do contrato de servizos para a execución e organización da devandita campaña de colonias e campamentos de verán 2018. Trátase dun procedemento aberto e de adxudicación por lotes. O presuposto para o primeiro é de 28.545 euros máis IVE e para o segundo 7.090 máis IVE.
As empresas interesadas dispoñen de 15 días naturais desde a publicación no BOP deste anuncio para presentar as súas ofertas. E poden obter máis información na sede electrónica do Concello de Ribadeo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive