11 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Situación da Praia de Covas

03-03-18

20180302_122505Viveiro 2-3-18. Hai xa varios días que o Concello de Viveiro está pendente da situación na que se volve a atopar a Praia de Covas; mantivéronse contactos con veciños da zona e tívose coñecemento da existencia de escorrentías que parten da base do muro do paseo marítimo, que se atopa ao descuberto e que discorren cara á praia.

Con motivo do temporal destes días e coincidindo con mareas vivas, esta situación incrementouse e os veciños contactaron, de novo, co concello para informar desta situación e manifestar a súa preocupación pola situación de perigo na se atopan as súas vivendas. O concello volveu visitar a zona onte e máis hoxe constatando a situación na que se atopa a base do muro do paseo e comprobando que caudal das escorrentías aumentara con respecto a días pasados.

Os técnicos municipais elaborarán un informe que se vai remitir a Costas dando conta desta situación; con todo, ante a temor veciñal e co fin de poder constatar como se atopa o subsolo do paseo, o concello encargou a unha empresa a realización dunhas catas, que se farán entre martes e mércores da próxima semana e que servirán para coñecer o estado do subsolo do paseo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive