13 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

25 profesionais amosan o seu traballo na XII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto coa que colabora o Goberno da Deputación

15-04-18

Riotorto 15-4-18. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González, e o Presidente da Asociación de Ferreiros, José Manuel Cobo, xunto a outras autoridades, inauguraron este domingo a XII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto. O Executivo Provincial colabora con esta cita achegando 11.000 euros co fin de dinamizar a economía local e do conxunto da Mariña ao tempo que pon en valor un oficio tradicional da provincia.

O pregoeiro da feira este ano foi Xosé de Cora, director Xeral do Grupo El Progreso. Nesta edición da feira participan uns 25 ferreiros chegados de Riotorto, Navarra, Santiago de Compostela, O Corgo, Os Oscos, Fonsagrada e Becerreá. Por outra banda, haberá animación musical durante toda a xornada coa actuación do Coro de Riotorto, a charanga Mekánika e os Gaiteiros de Riotorto e outras actividades destinadas aos máis pequenos como talleres infantís e espectáculos de animación.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive