A Delegación de Cultura do Concello de Foz programa para este domingo, día 22, teatro en Cordido. A representación, incluída no ciclo Teatro Afeccionado nas Parroquias, correrá a cargo do grupo A Adala, de Fazouro, que porá en escena a obra Elixir de xuventude. A función terá lugar no local do centro social A Tilleira, de Cordido, a partir das 18:30 horas. Organiza o Concello de Foz e Asociación de Veciños de Cordido.
A Adala actúa este domingo en cordido dentro do ciclo de teatro afeccionado nas parroquias do Concello de Foz
A Adala actúa este domingo en cordido dentro do ciclo de teatro afeccionado nas parroquias do Concello de Foz
Relacionado
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”
-
Cheo absoluto no primeiro Faladoiro de Charlando do programa Arruguiñas no local da asoc. de Xubilados Terramar, na Casa do Mar de San Cibrao