18 de Xullo de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Mancomunidade de municipios da Mariña recolleu este venres en Ourense o premio Coopera 20017 polo proxecto Catuxa. Este programa, destinado á sensibilización sobre a violencia machista, desenvolverase nos 11 IES da comarca

13-04-18

A Mariña, 13 de abril de 2018. O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, recollía hoxe en San Clodio (Ourense) o Premio Coopera 2017 ao proxecto Catuxa que recibía o segundo premio dotado con 25.000 euros. A Mancomunidade desenvolverá este programa, destinado á sensibilización sobre a violencia machista, nos 11 IES da comarca.
Llano explicou na súa intervención en San Clodio que “este é un programa pensado para os rapaces. Da continuidade ao que xa tíñamos antes, que era o de residuos machistas, que xa fixemos tamén entre os concellos e os colexios, e demos moitas charlas”.
O presidente da Mancomunidade dixo que “este vai máis ben orientado a adolescentes, polo tanto imos aplicalo case na súa totalidade, aínda que imos buscar algunha coordinación tamén cos concellos e cos Centros de Información á Muller, pero basicamente vaise dar case todo nos 11 IES que temos na Mariña”.
Alfredo Llano subliñou que “se vai tratar como tema transversal. Pensamos que a educación é fundamental para loitar contra a violencia de xénero e para favorecer a igualdade, que é un compromiso que temos adquirido. A ver se dá tempo a empezar xa neste curso, e senón no primeiro trimestre do curso seguinte, que sería desde setembro a decembro, para aplicar todo o programa”.
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña contou que “faremos especial incidencia nas novas tecnoloxías, sobre todo nas fórmulas que teñen os rapaces de comunicarse a través do whatsapp, do facebook, e todo iso, e tamén unha forma de controlar e de informar de todo isto que nos parece moi importante”.
A entrega dos Premios Coopera Galicia tivo lugar no hotel monumento mosteiro de San Clodio, en Ourense. O acto foi presidido por Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive