24 de Abril de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Disolución da Asociación Pro Antroido de Viveiro

13-04-18

Viveiro, 13 de abril de 2018. Ante o anuncio da disolución da Asociación Pro Antroido de Viveiro, este concello quere agradecer publicamente a este colectivo polo seu traballo nestes anos e mais pola doación do importe de 1.320 euros. Esta asociación colaborou na organización do entroido en 2016 e 2017; durante estes anos o goberno municipal continuou aportando os cartos dos premios, ademais de asumir outros gastos e facilitar a loxística necesaria, mediante recursos humanos e materiais, contando en todo momento coa labor da Concellaría de Cultura.
O Concello de Viveiro xa se encargou de organizar o entroido deste ano e continuará a facelo en futuras edicións, sendo conscientes da importancia e singularidade do entroido viveirense. O Concello de Viveiro sempre asumiu a organización íntegra desta celebración, con excepción da colaboración desta asociación para os anos 2016 e 2017, e continuará nesta liña garantindo a súa continuidade.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive