13 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Este mes de abril darán comezo as mobilidades nas que participarán profesores de Apaga. Este sábado día 14, terá lugar unha xuntanza de traballo en Ribadeo para preparar estas saídas a dez países

13-04-18

Ribadeo, 13 de abril de 2018. Este sábado, terá lugar en Ribadeo nas instalacións do hotel O Cabazo unha reunión de traballo da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia para preparar as mobilidades dos profesores que darán comezo xa este mes de abril. Enmárcanse no proxecto Mejorando las aptitudes y competencias claves en la FP.
No encontro, que dará comezo ás 11 da mañá, participarán mestres de Verín, Avilés, A Coruña, Ourense, A Guarda, Lugo, Palencia, Toledo, Chantada, Betanzos, Ponteceso, As Pontes, Vigo, Vilalba, Fene e Ribadeo.
As mobilidades inícianse en Turquía do 21 ao 29 de abril, Romanía e Finlandia do 22 ao 28 de abril, Croacia do 6 ao 12 de maio, Letonia do 7 ao 14 de maio, Portugal do 14 ao 20 de maio, Italia do 21 ao 27 de maio, Dinamarca do 24 ao 31 de maio, Eslovaquia do 28 de maio ao 4 de xuño e República Checa do 4 ao 11 de xuño.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive