16 de Xullo de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“NIN IDEA”. Por Carlos Fernández Louzao

11-04-18

Moita xente de Xove se está a facer unha pregunta habitual: Facerán algo este ano? Esta inquietude é lóxica, pois con nove millóns de euros de orzamento para 2018 e outros oito millóns máis de remanente en contas bancarias do Concello, amarga un pouco pensar na falta de ideas do noso Goberno municipal. Onde vai o saneamento das parroquias? Onde está o centro de día? E a ampliación do polígono industrial?
Moitos millóns de euros pasaron polas arcas municipais en todos estes anos. Lembrádesvos do que dixeran? Pregoaron que eran a renovación, un recambio fresco. E demostrouse que si, que están a ser tan frescos coma a colonia, que se evapora en canto pasan unhas horas. Apoltronáronse nas mesmas politiquiñas de sempre, sen ansia de nada. Sen plan turístico, sen plan industrial e sen futuro.
Aínda que parece ser que agora si. Xa teñen un proxecto serio e innovador para este ano preelectoral. Boa falta facía. Tiveron que pasar doce anos, pero por fin se lles iluminou a bombilla. Menos mal! Atendede! Teñen pensado… asfaltar. Si. Tarde, mal e arrastro, pero por fin van alcatranar as congostras todas do noso concello. E listo.

Carlos Fernández Louzao
(Concelleiro do Grupo Municipal Nacionalista en Xove)

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive