16 de Xullo de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“O alcalde e o concelleiro de Cultura ocultan documentación”, indica o Grupo Municipal do PP de Burela

13-04-18

Burela, 13 de abril de 2018.- “O alcalde e o concelleiro de Cultura deben ocultar algo”, aseguran desde o Grupo Municipal Popular (GMP), “dado que hai dez días que solicitamos determinada documentación e non temos resposta algunha”.
Os edís do PP burelés afirman que, o pasado tres de abril, presentaron tres escritos a través do rexistro da sede electrónica do Concello, solicitando os contratos dos eventos organizados neste mes de abril polo edil de Cultura que precisan pago de entrada para asistir ao mesmos, nada menos que seis. O obxectivo dos populares é coñecer qué contías abona o Concello, cáles son as canles de venda de entradas e quén é o responsable da mesma, pero a entidade local non lles contesta.
“Conclusión: ou ten algo que ocultar e pretende que o GMP non se entere, ou pretende rirse da xente que paga os seus impostos e paga as entradas. O concelleiro de Cultura debería tomar nota do acontecido no último pleno, tomarse isto en serio e trasladarnos toda a información que estamos solicitando”, defenden.
Dende o PP tamén solicitaron o mesmo tres de abril copia do contrato ou contratos subscritos polo Concello coa empresa Atrevia nos anos 2016, 2017 e 2018, dado que o propio concelleiro de Cultura lles entregou unha documentación “paupérrima” (consistente en catro pantallazos dun power point bastante pobre) sobre o que semella que esta empresa está a facer para potenciar a Festa do Bonito de cara a declarala Festa de Interés Turístico Nacional. Asemade, segundo esa “máis que pobre documentación”, esta empresa comezou a traballar para que a entidade local en 2016, pero resulta que na sede electrónica non aparece ningún contrato de ningún tipo subscrito con esta empresa. Por tanto, “se esa empresa está traballando para o Concello sen contrato se está cometendo unha ilegalidade, e se o concelleiro usou o anagrama da empresa para dicir que fai o que evidentemente non fai estamos ante outra ilegalidade”. Todo parece indicar, segundo apuntan dende o PP, que o concelleiro de Cultura “non leva nada feito desde que no pleno de 28 de xaneiro de 2016 se anunciara tal intención, e que todo consiste en dar titulares de prensa que resultan ser mentiras”.
Os concelleiros do PP consideran que “transcorrido este tempo tanto, máis que prudente, e visto que non entregan a documentación solicitada, entendemos que tanto o alcalde coma o concelleiro de Cultura ou ocultan algo, ou pretenden que non nos enteremos. Estas dúas personaxes consideran o Concello da súa propiedade e que poden facer o que lles pete. E visto que o prazo legal para entregarnos a documentación xa rematou, daremos os pasos oportunos para que se nos facilite”, advirten.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive