26 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Veciños de Foz, denuncian dende o PSOE que na localidade estanse recibindo as cartas para pagar o IBI da famosa regularización dos galiñeiros

13-04-18

Foz 13-04-2018.- Rascar, rasgarse, romper e valeirar o peto é o que toca estes días aos veciños de Foz, denuncian dende o PSOE de Foz xa que, na localidade estanse recibindo as cartas para pagar o IBI da famosa regularización dos galiñeiros.
Preto de 700.000 euros é o que vai recadar o Concello de Foz co catastrazo do PP xa que se cobran catro anos retroactivos dende a regularización.
No ano 2015 o goberno do PP no estado decidiu ante a falta de liquidez dos concellos regularizar todas aquelas construcións feitas e non declaradas ao catastro. Moitas delas no noso concello eran alpendres e galiñeiros anexos as vivendas.
Dende o PSOE de Foz xa vimos advertindo aos veciños, dende tempo atrás, deste catrastrazo e de outros do alcalde focense.
Moitos veciños pensaron que con aqueles famosos 60 euros que pagaron de regularización xa tiñan cumprido co catastro e hoxe están dándose conta de que non era así. Agora veñen catro anos de contribución sen preaviso, con aleivosía, premeditación e sen ningunha información por pare do alcalde de Foz.
O PSOE de Foz no seu momento solicitou que non se cobrasen as regularizacións con carácter retroactivo, na man do Alcalde estaba que non se cobrasen os catro anos anteriores, pero fixo caso omiso da demanda. Algunhas destas liquidacións chegan aos 2.000 ou 3.000 euros, dándose o agravante de que estas regularizacións producíronse nuns anos onde o tipo de gravame era do 0’60% algo que se corrixiu no 2017 cando se baixou o tipo ao 0’52%.
Pero non é este o único catstrazo do Sr Castiñeira, valéndose da lei de Orzamentos Xerais do Estado do ano 2014, que permitía aos concellos que non revisaran os valores catrastrais solicitar unha subida do valor dos inmobles, que no caso de Foz resultou ser dun 12%, dita lei permitía, pero non obrigaba, aplicar esta subida catro anos consecutivos, como fixo o alcalde de Foz en un decisión tomada unilateralmente. Sendo o único concello da provincia de Lugo que subiu un 12% acumulativo durante catro anos seguidos, supoñendo un incremento de mais do 50% do valor catastral das vivendas nos catro anos.
Unha subida que o PSOE de Foz denunciou no seu momento por considerala inxusta e desproporcionada e pedía en pleno que se solicitase unha ponencia de valores ao catastro onde se fixese unha valoración real de todos e cada un dos inmobles de Foz para adaptalos á realidade, o mesmo que publicamente manifestaba en días posteriores a FEGAM. Ademais pediuse unha baixada do tipo do imposto, ao mínimo que maraca a lei un 0’40 mentres dita valoración se realizase, sendo aprobado en sesión plenaria. Pero tanto o PP como o BNG nun acto de mimetismo co PP presentaron alegacións á proposta aprobada, paralizando a súa aplicación. Meses despois resólvense as alegacións e fíxase o tipo, no 0’52% vivente actualmente, a todas luces moi lonxe do que pretendía o PSOE.
Denunciouse dende o PSOE que no ano 2014 houbo un cobro indebido na contribución ao aplicar dúas subidas incompatibles, como así certificou o informe de intervención e unha circular que a FEGAM fixo chegar aos concellos, todo elo ante o escepticismo do PP e do BNG que non querían recoñecer. A día de hoxe o Alcalde sabe perfectamente que cobrou de mais a todos os veciños pero continúa sen devolver dita cantidade aos mesmos, algo intolerable xa que este ano prescribe o dereito a dita devolución.
Ante esta inoperancia do Alcalde, dende o PSOE de Foz, elaborouse e púxose a disposición dos veciños, a través das redes sociais ou na sede do partido, un escrito para que soliciten a devolución do cobrado de mais.
O último capítulo desde catastrazo é a Lei de Orzamentos do Estado deste ano que, no caso de saír adiante, recolle na disposición adicional décimo-octava que o catastro vai estimar o valor de mercado, abrindo a porta a unha nova subida dos valores catastrais, xa que estes dependen de dito valor de mercado.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive