20 de Agosto de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A sede de “Foz,plataforma de futuro”, será punto de recollida de tapóns de plástico para bens sociais

13-05-18

Foz 13-5-18. “Foz, Plataforma de Futuro” a través da súa coordinadora e asemblea aprobou por unanimidade que o noso local sito en Álvaro Cunqueiro sexa un punto de recollida de tapóns de plástico..

Recibimos varias preguntas dos veciños ó respecto , sabemos que no noso pobo existe unha gran solidariedade e que a finalidade desta recollida serán para unha gran labor .

“Foz, Plataforma de Futuro” as súas bases recollen que é un partido político social e así o queremos demostrar con outro paso máis.

A recollida será no horario de apertura do noso local; os martes á tarde.

Según se complete un envío procederase a mandalo a esas asociacións, fundacións ou organismos que o precisen sempre que a finalidade sexa social, ben por enfermidades, ou outras causas extremas.

Iremos informando do destino de cada partida.
Agardamos que esta decisión sirva para dar un oco de esperanza a persoas que tanto precisan desta axuda.
Pequenos xestos que non custan nada.

#FozPlataformadeFuturosolidario
#Donaciondetapons

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive