27 de Maio de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Dúas medallas de ouro acadaron os atletas do C.D.Egovarros-Viveiro no campionato galego de trail

15-05-18

Viveiro 15-5-18. O pasado domingo celebrouse un ano máis na serra do Barbanza, na Pobra do Caramiñal, o Campionato Galego de Trail, cunha gran participación de atletas de todo Galicia, que completaron un percorrido de preto de 25 km con constantes subidas e baixadas polos montes do Barbanza.
Na categoría femenina a atleta do C.D.Egovarros-Viveiro Silvia Díez, acadou a medalla de ouro na categoría de W40, proclamándose así mesmo subcampeona galega absoluta cun tempo de 3 horas 37 minutos e 53 segundos. O seu compañeiro de club Juan Menendez, acadou o campeonato galego na categoría de M50.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive