20 de Agosto de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Éxito do taller de horta familiar ecolóxica celebrado nas últimas horas en Burela. Noelia Mª Ben subliña que “a nosa intención é seguir ofertando propostas interesantes para os nosos veciños e veciñas”

16-05-18

Burela, 16 de maio de 2018. Onte tivo lugar en Burela un taller de horta familiar ecolóxica, organizado pola Concellería de Medio Ambiente de Burela e impartido por Marcos Besada, enxeñeiro técnico agrícola e agroecólogo. Nel tratáronse aspectos como os beneficios dos produtos ecolóxicos, a preparación do terreo, a fertilización, a prevención de pragas…, e todos os asistentes puideron resolver as dúbidas e problemas que lles xorden no día a día nas súas hortas.
A edil Noelia Mª Ben destaca “o enorme interese que esta proposta acadou, tiñamos 20 prazas e quedou xente en lista de agarda. Estamos encantados da acollida que están a ter este tipo de actividades, e a nosa intención é seguir ofertando propostas interesantes para os nosos veciños e veciñas. Está claro que a xente cada vez está máis concienciada da necesidade de coidar o medio ambiente e alimentarse con produtos ecolóxicos, e a poder ser producilos eles mesmos”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive