20 de Agosto de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Máis de 750 alumnos de colexios da provincia participaron no proxecto educativo da Fundación Meniños, coa que colabora a Deputación

16-05-18

Lugo, 16 de maio de 2018. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, mantivo este mércores un encontro con alumnos de infantil do CEIP San Cibrao, no Concello de Cervo, que están a participar no proxecto Viaxe ao reino das emocións da Fundación Meniños. O Goberno da Deputación destina 8.500 euros a dito colectivo lucense para o desenvolvemento desta nova proposta baseada na educación emocional, na que participaron 764 alumnos de 20 colexios da provincia.

Nesta iniciativa, dirixida a nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, así como de 1º e 2º de Primaria, os alumnos descubriron e adquiriron competencias emocionais, como a autoestima, a empatía, a conciencia ou a resolución de conflitos a través dun conto e actividades tales como xogos de cartas, vídeos, cancións, baile e obradoiros manuais. Os obxectivos deste proxecto educativo é favorecer o desenvolvemento integral a nivel persoal dos cativos, previr a aparición de condutas negativas e facilitar ás familias do alumnado ferramentas que lles permitan exercer unha parentalidade positiva.

López Izquierdo cualificou esta experiencia “como fantástica, hoxe puidemos comprobar como os nenos e nenas de Cervo desenvolvese cunha facilidade impresionante, e como son capaces de traballar e amosar as súas emocións a través de xogos sinxelos, e neste caso, a través do proxecto Viaxe ao reino das emocións da Fundación Meniños co que colaboramos”.

Fundación Meniños
A Fundación Meniños é unha entidade sen ánimo de lucro especializada na protección da infancia e da adolescencia, cun traballo orientado a garantir o seu dereito a vivir en familia. Dende o ano 1996 traballa a favor dos dereitos dos nenos e nenas en situación de dificultade social por medio de programas especializados de prevencións e intervención familiar. Como parte da súa acción, dende o 2008 traballan de forma específica cos centros escolares promovendo valores, actitudes e condutas acordes co bo trato na infancia e implicando ás familias nas actividades e propostas educativas que se realizan.

Colexios participantes
– CEIP de Bretoña, da Pastoriza
– CEIP da Pobra do Brollón
– CEIP Aquilino Iglesias Alvariño, de Abadín
– CEIP das Nogais
– CEIP San Cosme, de Barreiros
– Casa niño Avelaíña, de Begonte
– CEIP Virxe do Corpiño, de Begonte
– CEIP Xosé Luís Taboada, de Carballedo
– CEIP de Castroverde
– CEIP de Cervo Nº1
– CPI Plurilingüe Virxe do Monte, de Cospeito
– CPR Plurilingüe Nosa Señora do Pilar, de Foz
– CPI Ramón Piñeiro, de Láncara
– CEIP Albeiros, de Lugo
– CPR Plurilingüe Divina Pastora, de Lugo
– CEIP Plurilingüe Monte Baliño, de Pantón
– EEI de Sarria
– CEIP Celso Currás, de Trabada
– CPR Landro, de Viveiro
– EEI San Roque, de Viveiro

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive