18 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG culpa ao Sr. Llano da situación á que se chegou co pavillón de Vista Alegre

14-05-18

Burela, 14 de Maio de 2018. Según informou o propio CD Burela FS, presentou a problemática ás institucións en 2016, pero non se aportou solución ningunha de ningunha das partes. Os nacionalistas critican ao goberno municipal do PSOE por non ter feito nada nestes 2 anos de prórroga, así como a Deputación e Xunta de Galiza por falta de apoio e financiamento. “En dous anos o concello, como titular da instalación, non fixo nada, non ten nin un proxecto presentado, feito co que outros clubes conseguiron outro trato da Liga Nacional de Fútbol Sala, mentres o clube si que dispón dese documento para valorar prezo e duración da obra. O señor Llano non debe ter nada diso, por moito que fale nos medios” indicou Mario Pillado do BNG, que tamén recordou que “a deputación, que sistemáticamente menosprezou o clube a nivel de subvencións con respeito a clubes da capital e de inferior categoría, tampouco aportou solución algunha, mentres construiu outras instalacións deportivas ó longo da provincia”.
Con respeito á administración autonómica o voceiro do BNG comentou “a Xunta ten marxinados os concellos que non goberna o PP, como se ten demostrado no referente á EDAR, polo que neste caso actúa do mesmo xeito, para os concellos sen gobernos afíns non hai un só euro”.
Os nacionalistas ven totalmente irreais os requisitos, enfocados en recentralizar e afastar o deporte das vilas
Nas pasadas datas coñeceuse a intención da Liga de impedir que o CD Burela FS dispute os seus partidos no pavillón Vista Alegre no caso de conseguir o ascenso a primeira división o equipo masculino, incluso tamén no caso de seguir na segunda división. Os requisitos que esixe a liga son inasumibles para aqueles clubs que non están afincados en grandes cidades, onde se situan as grandes infraestructuras. Este feito obriga ó equipo burelao a xogar no seu pavillón alternativo, en Viveiro. “Chama moito a atención que os motivos deste impedimento se vinculen coa televisión cando moitos encontros se retransmiten por streaming e nalgúns casos as retransmisións teñen comenzado despois do comezo do encontro ou mesmo se ofrecen en diferido” sinalou Pillado. “O lóxico, tendo en conta que o clube ten uns dereitos deportivos adquiridos, é que se lle permita xogar no seu recinto habitual, mentres obtén unha instalación de xogo coas esixencias da LNFS” continuou o nacionalista.
O BNG ponse do lado do CD Burela FS, esixe á LNFS que permita a competición no pavillón Vista Alegre e urxe ás asministracións a dar solucións en forma de instalacións para o clube.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive