Cervo, 24 de Maio de 2018. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez, presentaron xunto con dous representantes do Instituto Geológico y Minero de España o convenio de colaboración entre o Concello de Cervo e dito Instituto para a realización de actividades científico-técnicas relacionadas coa xeoloxía, a pedra natural e o patrimonio arquitectónico.
O obxecto do presente convenio é o de regular e formalizar a colaboración entre as dúas entidades para deseñar e desenvolver actuacións relacionadas coas canteiras históricas de pedra natural utilizadas na construción do patrimonio arquitectónico no Concello de Cervo.
Tamén se pretende establecer a incorporación do Concello de Cervo á Red CONSTRUROCK de pedra natural e patrimonio arquitectónico, ademáis de formar e asesorar ao personal do Concello de Cervo nas materias competenciais do propio Instituto.
A execución dos traballos recollidos no Convenio correrá a cargo do Instituto e o Concello de Cervo será o encargado de aportar os datos e designar ao coordinador das súas aportación saos proxectos.
Para Villares esta é “unha oportunidade de seguir poñendo en valor o noso patrimonio e de promover a riqueza natural do noso Concello”.
Segundo a concelleira de Medio Ambiente, Manuela Méndez, “este convenio é un paso adiante desde o punto de vista patrimonial e turístico, temas de carácter primordial no seo do noso Concello.