20 de Agosto de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo leva a pleno a aprobación do regulamento de organización e funcionamento do Centro de día Residencia

16-05-18

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Cervo, 16 de mayo de 2018.- O Concello de Cervo levará ao pleno ordinario que se celebrará esta tarde a aprobación do Regulamento de Réxime Interno do Centro de Día Residencia, o paso derradeiro para a posta en funcionamento do servizo, logo de que o pasado mes de abril rematase o proceso de adxudicación, no que Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz Castilla-La Mancha y Galicia foi a empresa que obtivo unha maior puntuación.
Tal e como avanzou o alcalde, Alfonso Villares, é necesaria a aprobación deste regulamento en pleno previo paso á posta en funcionamento do Centro; e nestas normas recóllense os servizos básicos da instalación (manutención e dietas, limpeza e mantemento, servizo de transporte…), cuestión relativas á documentación que é preciso presentar ao ingresar, normas de convivencia e dereitos e obrigas dos usuarios..; entre outros aspectos”.
O alcalde tamén anunciou que desde o Concello “editamos uns folletos informativos que chegarán a cada un dos domicilios do noso municipio, para que a nosa veciñanza, que ten prioridade de acceso ao servizo, saiba de primeira man que a partir do 14 de xuño e ata o 29 do mesmo mes, as persoas maiores ou en situación de dependencia e as familias interesadas, poden presentar a súa preinscrición no Rexistro do Concello; logo desa data farase unha valoración incial das solicitudes, e o listado de demandantes irase actualizando con carácter semanal”.
Os días 11, 12 e 13 de xuño, tal e como se recolle tamén na publicación explicativa, haberá xornadas de portas abertas para que os potenciais usuarios e as familias poidan coñecer, in situ, as instalacións.
O alcalde apuntou que será a partir do mes de xullo cando o Centro de Día Residencia entre en funcionamento; “polo que estamos nun momento importante para o Concello de Cervo, xa que contamos cun novo servizo para toda a veciñanza: o primeiro centro específico de atención ás persoas maiores ou en situación de dependencia do noso municipio; que está pensado para o noso presente, pero tamén para o noso futuro”.
O Centro dispón de 54 prazas de residencia e 25 de centro día. Conta con cociña integrada con menú personalizado en función das necesidades do usuario, lavandería, sala de rehabilitación, enfermería, baños individuais adaptados, bañeiras xeriátricas…; e ofrece servizo de rehabilitación funcional, terapia ocupacional, estimulación cognitiva, atención médica e de enfermería, así como atención sociosanitaria preventiva.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive