18 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O desmantelamento da Aula da Natureza é un claro menosprezo do Alcalde Castiñeira á corporación e as decisións plenarias, din os socialistas

15-05-18

Foz 14-05-2017. O desmantelamento da Aula da Natureza é un claro menosprezo do Alcalde Castiñeira á corporación e as decisións plenarias.
Xustificarse con que contratar a alguén que se fixese cargo da aula lle costaría 50.000 euros, é enganar aos veciños e á corporación.
O alcalde de Foz nunca quixo devandita Aula e así o demostrou dende o primeiro día dos seus mandatos, desde chamárlle despectivamente “pajarera” ó mais grave, deixar que morrese día a día polo seu desleixo, xa que nunca puxo os medios necesarios para atendela correctamente e falta de mantemento da instalación era evidente para calquera.
O anterior goberno socialista fixo unha inversión en instalacións e en animais, sendo pagados polo concello, os que había cando se inaugurou a Aula. O goberno do Sr Castiñeira recibiu unhas instalacións en debido estado de conservación xa que a cada pouco tempo se inutilizaba media aula para facerlle mantemento necesrio.
En novembro foi o primeiro intento do alcalde de desmantelar definitivamente devandita Aula, levando unha proposta ao pleno que saíu rexeitada polo voto en contra de todos os grupos da oposición, que se opuxeron o peche e reivindicaron a súa posta en valor.
De que sirve levar unha proposta a pleno, que non era necesario levar, pois o propio alcalde ten as competencias necesarias para tomar a decisión que considere oportuna. Para perder o tempo? Para que as culpas da decisión que xa tiña tomada de antemán, como reflexa o desmantelamento que esta facendo a día de hoxe, de eliminar un punto que era un atractivo mais do noso pobo, fosen compartidas?
Agora di que son decisións de goberno? Tamén o son a obriga manter as instalacións municipais nas debidas condicións, solucionar os problemas ou deficiencias que presenten e no caso da aula da natureza fixo caso omiso, pese a dicir nos medios de comunicación que se comprometía a executar as melloras demandadas pola oposición.
Escusarse tratando o acordo plenario de mera consulta de opinión, tomando a decisión en contra do criterio da maioría da corporación é un abuso de poder mais dos que acostuma a facer gala o Alcalde Castiñeira.
Xustificarse con que contratar a alguén que se fixese cargo da aula lle costaría 50.000 euros, é tomar por tontos aos veciños e á corporación. A quen quere enganar? Vai contratar estes dias, medio ano, por 48.000 euros a cargo do Depuemprego, 1 pintor, 2 peóns medioambientais e 2 axuda domicilio. Por menos cartos é capaz de contratar cinco traballadores medio ano e pretende que nos ceramos ese custe de 50.000€ so por un ó ano? As mentiras e os inventos nin tapan, nin xustifican, nin esconden, a incapacidade de xestión do Alcalde.
O Sr Castiñeira ao mais puro estilo “Donald Trump”, pretende eliminar todo vestixio que recorde o ex-alcalde Pepe Rivera e, ao igual que aquel quere desfacerse de todas as políticas de Obama, quere eliminar todo o feito por gobernos socialistas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive