En Viveiro, a 15 de mayo de 2018. Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.
Varios veciños do barrio de Congostras en Covas, nos trasladaron as súas queixas polo mal estado que presenta a pista do citado barrio no seu tramo final, á altura dos números 21,22, 27 e 29.
Despois de que os veciños falasen en varias ocasións co Sr. Concelleiro de obras, o certo é que a día de hoxe non se lle deu solución ningunha, sendo o estado da citada pista lamentable, presentando fochancas importantes que dificultan o acceso rodado, e mesmo peonil, por carecer de beirarrúas neste tramo en concreto.
Ante esta situación de abandono e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:
1- Teñen coñecemento do lamentable estado no que se encontra dita pista?
2 – En caso afirmativo, teñen pensado adoptar algunha medida para darlle solución e que se poida transitar por ela con normalidade?
3- De ser asi, cando pensan facelo?
Antonio J. Bouza Rodil
Concelleiro do Partido Popular de Viveiro
Á SRA. ALCALDESA DO EXCMO. CONCELLO DE VIVEIRO