18 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Todos os alumn@s e o profesorado do Colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, xuntáronse para ler libros en galego no patio do centro. Foi unha das actividades que fixeron para celebrar o Día das Letras Galegas

16-05-18

Os 536 alumnos e alumnas e os 40 profesores do colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, xuntáronse esta mañá no patio do centro para ler libros en galego. Foi unha das actividades que levaron a cabo para celebrar o Día das Letras Galegas. Hoxe o alumnado e o profesorado do colexio, ademais de obras en galego, leron un manifesto e despois cantaron o himno galego. E nos días anteriores os rapaces estiveron traballando sobre a figura de María Victoria Moreno elaborando presentacións dixitais, xogos tipo Pasapalabra ou Trivial e incluso actividades en internet como Kahoot.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive