A entrada será libre e para todos os públicos. A obra transcorre nun consultorio Psicolóxico. As persoaxes, un doutor con dominio en temas de psique humana e un doente cun complexo de Edipo tan grande, pero tan grande, que… ata o mesmo Edipo lle recomendaría terapia!. Así as cousas, o doente pouco a pouco irá sacando das casillas a un doutor moi resistente a desbordarse a pesar do desfile de ocorrencias e situacións insólitas e raras, que lle propón o seu doente. Neste senso, senllas persoaxes disputarán o protagonismo da escena tratando, con moita intelixencia e humor, temas como a incomunicación familiar, os condicionamentos sociais, a hipocresía, a soidade ou a sexualidade.