23 de Xuño de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A secretaria xeral de igualdade da Xunta, estivo no colexio Dagrado Corazón, de Ribadeo, para visitar as exposicións “Premios Wonenburguer” e “As pícaras tamén somos de ciencias”

11-06-18

Ribadeo, 11 de xuño de 2018. A secretaria xeral de Igualdade, da Xunta de Galicia, Susana López Abella, estivo hoxe, luns, no colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, para visitar as exposicións Premios Wonenburguer (distinción que outorga a Xunta de Galicia cada ano desde 2007 e que visibiliza o traballo das mulleres científicas) e As pícaras tamén somos de Ciencias. Esta segunda mostra foi realizada polo alumnado de 1º da ESO, co que estivo esta mañá a secretaria xeral de Igualdade, a quen acompañaron o deputado autonómico Daniel Vega e o concelleiro ribadense Juan Estévez. Foron recibidos no centro pola superiora, Purificación García; a directora, María José Fernández; e a xefa de estudos, Begoña Sanjurjo.
Susana López Abella convidou aos alumnos e alumnas participantes neste acto a asistir á entrega do premio Wonenburguer deste ano, viaxe para o que ofreceu a axuda da Xunta de Galicia. Tamén se comprometeu a seguir colaborando co colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, para difundir o papel das mulleres noutros ámbitos.
Ademais, na súa intervención durante a visita ás exposicións, a secretaria xeral de Igualdade explicou en que consiste a Unidade de Muller e Ciencia, que ela preside: “é un organismo que está formado por departamentos da Xunta de Galicia, concretamente a Secretaría Xeral de Universidades; tamén está a Axencia Galega de Innovación; está ademais AMTEGA, que é outro departamento da Xunta de Galicia que se encarga de que teñamos todo informatizado e chegue ás vosas casas o WiFi, por exemplo. Todas elas están dirixidas por mulleres porque a Axencia Galega de Innovación diríxea Patricia Argerey e AMTEGA, que é a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, está dirixida por Mar Pereira. Tamén está o SERGAS, que ten un equipo de investigación moi importante para mellorar contra enfermidades como o cancro. Hai mulleres científicas expertas dentro desa unidade, unha delas é Alicia Estévez Toranzo, que naceu en Pontevedra e é a maior especialista mundial en enfermidades dos peixes que se crían na acuicultura. A Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia todos os anos decide quen vai a ser a galardoada co premio Wonenburguer, que entrega o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. No 2017 déselle a Begoña Vila, unha astrofísica de Vigo que estudou na Universidade de Santiago de Compostela e que traballa na NASA cun presuposto similar ó da Xunta de Galicia para a construción do próximo telescopio que será enviado ó espazo”.
E Susana López Abella rematou animando ó alumnado a esforzarse e investigar.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive