23 de Xuño de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Balance positivo dos Concellos de Alfoz e O Valadouro na súa participación en Turexpo 2018

13-06-18

Alfoz, 13 de xuño de 2018. Durante catro días os Concellos de Alfoz e O Valadouro, puxeron en valor e promocionaron os recursos turísticos da zona no Salón Turístico de Galicia, onde estableceron un primeiro contacto con proferionais e público turístico en búsqueda de novos visitantes.
Nas dúas primeiras xornadas, tivo lugar unha bolsa de contratación onde se realizaron máis de 30 entrevistas con diferentes turoperadores e empresas turísticas nas que se mostraron os recursos e potencialidades da zona, iniciando novas vías de contacto coas empresas do sector para atraer un maior número de visitantes.
No stand mostráronse os recursos turísticos, rutas e festas dos dous concellos; realizáronse degustacións de diferentes produtos típicos da zona gracias a colaboración da Panadería La Concepción, Panadería Lorenzo, Pastelería Méndez, Mel O Trobo e Carnicería Hermilino.
Ademais, entre os visitantes ao stand sorteáronse cinco estancias de fin de semana en Alfoz e O Valadouro por cortesía do Hotel Vila do Val, Casa Franco, Finca Galea, Casa Canaledo e Casa do Forno; e unha ruta guiada para cada un dos premiados da man de O Freixo dos Lobos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive