21 de Agosto de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Bando do Concello de Viveiro sobra as fogueiras de San Xoán e San Pedro

13-06-18

En Viveiro, a 13 de xuño de 2018. Dª MARÍA LOUREIRO GARCÍA, ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO. CONCELLO DE VIVEIRO (LUGO)

FAI SABER

Ante a celebración das tradicionais e populares Fogueiras de San Xoán e San Pedro, é preciso a adopción dunhas elementais medidas de prevención, polo cal se dispón o seguinte:

1º.- Prohíbese queimar rodas ou cubertas de goma, plástico ou calquera material derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes ou tóxicos.

2º.- Non se poderán facer fogueiras en lugares próximos a tendidos eléctricos, edificios ou calquera outro no que poidan crearse situacións de perigo.

Cada fogueira terá un ou varios responsables que comunicarán nas Oficinas Municipais, presentando a tal efecto o impreso que se facilitará no Rexistro do Concello, indicando o lugar da queima e comprometéndose a adopción das medidas de seguridade precisas.

O prazo máximo para comunicar a queima será:

Para as fogueiras de San Xoán ata as 14 horas do día 21 de xuño de 2018. Para as fogueiras de San Pedro ata as 14 horas do día 25 de xuño de 2018.

3º.- O responsable ou responsables e organizadores de cada fogueira encargaranse de retirar da vía pública todos os restos que queden unha vez rematada a queima.

4º.- En caso de incumprimento do indicado, ou de queixas xustificadas da veciñanza, procederase polo Servizo de Extinción de Incendios, e a requirimento da Policía Municipal, a sofocar de inmediato a fogueira.

O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive