21 de Xaneiro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

FOZ: LEMBRANZAS DO ASILO (I) “Os Martinez Otero, filántropos”.

04-06-18

O día 26.12.1924 finaba en Foz don Eliseo Martínez Otero, dono de gran fortuna, da que deixaba como herdeira universal á súa muller, dona Pilar Otero Pillado; se ben expresaba o seu desexo de que a herdanza revertera no noso pobo, sobre todo, a través de dúas institucións: un colexio para nenos pobres do concello e un Asilo para acoller ós Anciáns Desamparados.
O periódico La Voz de Mondoñedo (10.1.1925), publica un comentario do histórco mestre de Fondós,don Ramón Salgado Toimil sobre as liñas fundamentais do testamento, e propón que o escultor Asorey perpetúe a imaxe da parella e así “a la gratitud del pueblo se juntaría la artística ofrenda de las divinas manos del más genial artista de la raza;para honra de Foz y glorificación del gran filántropo”. “El pueblo de Foz está obligado a rendir este homenaje a la memoria de su generoso benefactor; que la gratitud de los pueblos es la virtud que los hace dignos de tan grandes protectores. Es el concejo a quien corresponde recoger la iniciativa”.
O 19.6.1934, a Corporación presidida polo alcalde Cándido Eijo, nomeaba Fillos Predilectos á parella “que legaron su importante patrimonio para la construcción y sostenimiento en esta villa de un Asilo de Ancianos y un Colegio Graduado para los niños, autorizando al alcalde para que de forma adecuada perpetúe en lápidas o bustos, o en el salón de sesiones, tan merecido título”. Dona Pilar, no seu testamento definitivo (12.3.1925), respecta fielmente a vontade do marido, deixandoo íntegramente para ditos fins; excepción feita duns pequenos legados; e designa e nomea ós albaceas testamentarios, encargados de lévalo a cabo: o Colexio era a obra preferida polo marido e o Asilo o da súa dona. Finou ésta o 15 de marzo de 1925.
Transcurridos 4 anos dende a súa morte, a viuva e a filla dun irmán, promoven litixio contra a validez de dito testamento, alegando ó efecto que dona Pilar mantivo por un tempo perturbadas as facultades mentais,baseándose nun certificado que en tal sentido expedira o ilustre médico compostelá, don Miguel Gil Casares, centífico de grande prestixo, no que aseguraba que , efecto dun proceso crónico arteroesclerótico, producíralle a incapacidade mental….
O médico de cabeceira, don Eladio Candia Río, así como o doutor don Manuel Reimunde Basanta; outro testigo, e o notario de Ferreira, don Melchor Egerique (“veo que la compareciente se encuentra en plena lucidez intelectual”, dí ó inicio do documento notarial, rebaten o informe do ilustre galeno.
O proceso, que sería longo (a guerra Civil do 36 por medio), iniciaríase o 16.4.1929 cun acto de conciliación no xulgado da vila;”con inusitada concurrencia”, según papeis da época, presentada a instancia polo abogado de Madrid, señor Arteaga Contreras. O mesmo rematou sen avenencia.
O pleito chegaría ó Tribunal Supremo, que dictaría sentencia o 25.3.40; FALLAMOS: “que debemos declarar y declaramos, no haber lugar a los recursos de casación por infracción de ley interpuestos por doña Carmen Rovira Estadas y don Faustino Alonso Alvarez y doña Angeles Otero Rovira, a los que condenamos…” ( Vindeiro Capítulo II: Construcción e Inauguración do Asilo).

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive