17 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Numerosas fugas están obrigando a levantar o pavimento Avenida da Mariña molestando de novo a veciños e comerciantes da zona, denuncia o PSdeG-PSOE de Foz

12-06-18

Foz 12-06-2018.- Cando as obras se executan sen a planificación idónea, sen actuar integralmente en toda a rúa cando se debe, sen visión de futuro e remodelando unicamente a estética da parte superior e non o que esta soterrado, pasa o que pasa, como estamos a ver na recentemente remodelada Avenida da Mariña, onde diferentes fugas, en distintos puntos, están obrigando a levantar o pavimento. – denuncian os socialistas de Foz.
A falta de previsión, unida á falta de criterio e á xordeira crónica da alcaldía, con respecto ás demandas da oposición de actuar nas canalizacións soterradas, provoca que esteamos diante dunha nova chapuza do alcalde, que obriga a facer agora o que se tiña que ter feito antes, reparar as fugas e cambiar as tubaxes, para o que é necesario levantar en varios puntos diferentes da rúa o formigón do pavimento, molestando de novo a comerciantes e veciños, multiplicando custes e provocando que se malgasten recursos de todos os veciños.
O tempo dá a razón ao PSOE, que sempre dixo que a única preocupación do alcalde nesa obra era acabala canto antes para poder inaugurala o máis rápido posible, sempre máis preocupado por quedar ben diante dos veciños e gañar votos, que polas consecuencias que vai carrexar o facer as cousas a medias no futuro próximo, parches, fochas, molestias e gastos.
Aínda non transcorreu nin un ano desde que se acabaron as obras e xa se está levantando a rúa, é o comentario máis escoitado entre a veciñanza de Foz, o que non é de estrañar ante a mala xestión do alcalde nesta obra. – rematan os socialistas

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive