23 de Xuño de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo organiza unha xornada de concienciación e seguridade viaria dirixida a toda a veciñanza

11-06-18

Cervo, 11 de xuño de 2018.- O Concello de Cervo, a través da delegación de Seguridade Cidadá, organizou no día de hoxe unha xornada de concienciación de seguridade viaria dirixida a toda a veciñanza, pero fundamentalmente á xuventude.
A actividade central é un simulador de envorco, que estivo instalado durante toda a mañá no patio do IES Marqués de Sargadelos, ao que puido subirse todo o alumnado e e experimentar o que se sente no caso de accidente.
Villares apuntou que o que pretendemos desde o Concello con esta xornada é “incidir na importancia de levar sempre abrochado o cinto de seguridade, con independencia do tempo de traxecto e da vía pola que se circule; e facelo de xeito correcto”, que foi unha das leccións que recibiron os mozos e mozas durante a sesión.
Ademais, tamén puideron probar unhas gafas de simulación de diferentes estados incompatibles coa condución “co fin de concienciar sobre unha circulación segura e responsable”.
A actividade trasladarase esta tarde ao centro de San Ciprián, ao aparcadoiro do estanco, para que toda a veciñanza poida probar o simulador de envorco.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive