18 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo xa ten os distintivos de xestión ambiental pola praia do Torno e o sendeiro natural

13-06-18

Cervo, 13 de xuño de 2018.- A edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez, desprazouse hoxe ata a Coruña, para participar no acto institucional de entrega das bandeiras azuis.
Cervo foi o único concello galego que obtivo a distinción temática en información e educación ambiental, pola praia do Torno; xunto ao areal de Arona, en Tenerife e ao de Barbate, en Cádiz. Un recoñecemento que vén ligado “á aposta pola información detallada e actualizada nos múltiples paneis que instalamos na contorna do areal sobre a calidade da auga ou sobre o servizo de socorrismo, nos que se inclúe tamén a táboa de mareas ou unha predición meteorolóxica a curto prazo; así como recomendacións e consellos sobre reciclaxe ou indicacións para os bañistas en materia de prevención de accidentes”, apuntou a edil.
Nos últimos meses tamén se sinalizaron as dunas da Praia do Torno con paneis que destacan a súa importancia e as razóns que existen para protexelas.
Para a obtención desta insignia tamén se tiveron en conta, así mesmo, as actividades de concienciación que se desenvolven na contorna; como foi, por exemplo, a Semana do Medio Ambiente, na que participaron os nenos e nenas o pasado verán.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive